Grafitis para tempos de mutismo

Graffitis, para tempos de mutismo

O illamento enmudeceu a produción de graffitis na contorna, as paredes falaban e a rabia deixábase escapar onde máis dano podía facer, monumentos, trens. Non encontro outro paralelismo nestes tempos de confinamento polo COVID-19, de inmersión virtual, que as sabotaxes a páxinas web, ou as mensaxes falsas, as fake news con que se se prodiga a ignorancia e a mala idea. 
A crise que arrasa e enferma a sociedade e a economía chega a este microcosmos dos hip hop do spray. A miseria chega á cualidade dós útiles de escrita. Da ampla modalidade de sprays e boquillas, ás puntas desgastadas dos rotuladores. Hai uns días na xamba da porta dun comercio, apareceu escrita a lenda: «Kevin sale a pillar». Aí queda a cousa. De risa. Coñecín a grafiteir@s enxenios@s, artísticas. Moitas das súas obras decoran as paredes das cidades revitalizando as traseiras de edificios, outrora suxos ou deteriorados.
Pero a vertente artística premeditada e retribuída, nada ten que ver co tag, sinatura d@ graffiteir@, nese acto de autoafirmación, sen máis, co que chaman a atención. esa sería a realización máis elemental.
Para crear, ata os graffitis máis antiestéticos e vandálicos, precísase enerxía. Díganmo a min, que non perdín a ocasión de aprender e coñecer a técnica (non se me deu moi ben, para mostra un botón, pero foi útil) para identificar, tamén co sprai, a impronta do autor.Sería unha bonita homenaxe nestes tempos de mutismo, roto polos aplausos das 8 da tarde, ás vítimas do COVID; nun lugar ben alto, ollando a Ría. 

E ponte a mascariña, xa!