A cremalleira de Gideon Sundbäck

Gideon Sundbäck  (1880-1954)


O sueco que revolucionaría o mundo da moda vinte anos máis tarde, inventou a cremalleira, despois dunha concienzuda investigación de 8 anos (de 1906-1914) que inicialmente se empregaría como peche para as botas e as bolsas de tabaco. 
Para cantas cousas se nos ocorrería usar unha cremalleira, ao mellor non todas positivas. Pechar insinúa censura, tensión; pero tamén seguridade, confort. Péchanse as prendas de roupa pero tamén as tendas de campaña, permitindo o son dos paxaros e o rumor das árbores como telón de fondo. As cremalleiras pechan sutilmente os accesos superficiais para deixar voar a imaxinación dentro dos mil mundos que ofrece, por exemplo un libro, que onte, día 23 de abril, celebraba o seu día. Longa vida as páxinas que se abren e pechan sempre tan gustosamente…  





Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad