*Regresión (I)
Acudín ao cine a última hora, aproveitando o horario no que o cansazo do día pode volverse en contra das expectativas postas na fita, que todo hai que dicilo, non eran moitas. Temía encontrarme cunha segunda parte de Los otros, ou alguna trama esotérica sellante. Pero o certo é que me sostiven durante 105 minutos ao asento sen pestanexar.
Unha confluencia de factores, todos afortunados: a base real da historia; o desenvolvemento do guión, que compón unha trama en absoluto predecible, obrigando a cohabitar con ela, a reflexionar, a empatizar coas personaxes e a aborrecelos pasadas unhas poucas secuencias.
Alí estaba Amenábar en estado puro, conseguindo aquilo de nada é o que semella ser.
A trama atenaza as personaxes neses espazos de terror que elas e eles mesmos crean.
Somos as nosas crenzas, as nosas suxestións, creamos fantasmas para poder vivir e acadar os nosos obxectivos. Tal vez aí recae outro dos valores fundamentales da película, que quedará para comentar noutra entrega.
Decateime que tamén eu anticipaba prexuiciosamente o final, integrando o propio test sicolóxico ao que o guionista che somete.
Magnífica Regresión, desde dentro e cunha estética naturalista, con tintes sutís expresionistas e gore; o imprescindible para pincelar un film de suspense, sicolóxico, gótico, negro? Non merece a pena ni sería correcto etiquetalo.
O movemento da cámara, prolongación dos estados de ánimo a impecable iluminación, creando unha atmósfera abafante, etc. cun reparto de altísimo nivel que emana credibilidade por todos os poros.
*Ficha da película Regresión: dirixida por Alejandro Amenábar. Con Ethan Hawke, Emma Watson, Aaron Ashmore, Devon Bostick, David Thewis, Dale Dickey, Aaron Abrams, ... Estrea mundial,Festival de Cine de Donostia, 2 de outubro de 2015.