Longa vida ao legado de Rita Levi-Montalcini

Temos mil motivos de agradecemento á figura da Nobel Rita Levi-Montalcini, como científica, polos seus achados sobre a plasticidade neuronal, e pola súa teima na formación de novas xeracións de científicas aló onde o acceso ao ensino era un privilexio para uns poucos. Porque a pena non nos impida brindar pola prosperidade do seu legado.
Unhas palabras que perpetúen a súa imaxe neste blog.

Con 103 anos de idade (30/12/12), faleceu na súa casa de Roma, Rita Levi-Montalcini unha das figuras cruciais para a ciencia do século XX. Con esta frase que sintetiza a súa incansable dedicación á investigación: “Entrei na xungla do sistema nervioso e quedei tan fascinada pola súa beleza que decidín dedicarlle todo o meu tempo, a miña vida!” iniciaba o meu artigo na revista Festa da palabra silenciada (nº 27 “As nobel científicas”, Vigo 2011) dedicado a unha das escasísimas Nobel científicas da historia.
Nunha entrevista a piques de cumprir 100 anos, Rita Montalcini (Turín, 1909) mostraba a súa sagacidade e sentido do humor, avalando as teses que respaldan o descubrimento que premiou a Academia Sueca: o factor de crecemento neuronal (Nerve Growth Factor, NGF). A forza do seu cerebro, curioso e entusiasmado pola ciencia ata o último momento presaxiaban outros cen anos de vida, desafiando ao deterioro fisiolóxico. De aí que recibir esta noticia nos produza unha inmensa desolación, neste momento tan crítico para a ciencia, para a investigación, que en gran medida poría en risco o desenvolvemento do seu legado.

Autor: Mónica Bar

Especialista en pericia caligráfica. Lingüísta forense

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad