Estes días asisto curiosa a unha serie de coincidencias. Comecei a ler en inglés Animal Farm, lectura supervisada pola amiga e paciente mestra Yashmina Shawki. A pesar da destreza perdida coa lingua (lérao xa había 25 anos, cun nivel de inglés seguramente dez veces superior) as imaxes de Rebelión na granxa, retidas na memoria, e sobre todo no faiado ideolóxico onde se gardan as ideas que nunca se deben esquecer, fan que a apriori dificultosa lectura do texto de Orwell se convirta nun desafío apetecible. Porque nos tempos de desasosego político deberían prescribirse libros como como Rebelión ou Rebélate, ou Indignádevos!, a modo de sintrón que nos impida a formación de coágulos ideolóxicos. Tanto Orwell como Hessen manifestaron nos seus ensaios e literatura, o odio voraz ás dictadutas; en calquera forma ou extremo político.
Agradecín un tuit de Ramón Nicolás que me inclinou á actualización de datos sobre Orwell, o seu pasado trotskista e a súa colaboración co exército antifranquista, concretamente no Batallón despregado na fronte de Aragón. Pero no meu espazo de grafoanálise, sinto non ter opción para determe nese aspecto e desviarei a atención cara a outros tópicos formais do seu deseño gráfico.
Nun interesante blog sobre Orwell (georgeorwellnovels.com) foron seleccionados un importante número de escritos e dibuxos que chaman a atención. As coincidencias leváronme onte de paseo por un lugar onde descubrín uns graffitis entre os que non poido deixar de aprezar coincidencias.
Enriba, á dereita, un debuxo de cando Orwell tiña 9 anos. A carón, un graffiti vigués de 2013. A seguinte mostra é un borrador dun irónico logo do Gabinete. Que nos pasa, trátase dunha regresión coincidente ou un regreso ás abstraccións da pintura rupestre?
De ideas e gráficos
continuará…
Servicios ofrecidos por el Gabinete Caligráfico MBC: – Pericias caligráficas de textos y firmas – Análisis documental – Lingüística Forense – Pericias caligráficas desde todos los soportes escritos; muros y paredes – Lienzos -gabinetecaligrafico@gmail.com / tfno.: 669 060 265 /