Tranvía grafftieado en el barrio vigués de Coia. Foto de Instagran, da web de Faro de Vigo |
Na nosa sección de «graffitis civilización ou barbarie«, xa mostrei a miña atracción polo arte urbano e por suposto o antagonismo entre graffiti artístico e vandálico. Un mundo complexo; segundo a expresión máis primitiva das gangs, o graffiti: «canto máis dano mellor».
Aí radica o xérmolo do clásico graffiteiro/a ególatra que, por onde pasa, deixa pegada. Non ten máis intención que desenvolver o ego, que falen, neste caso, mal de ti.
Lamento que borraran tan de contado a peza «artística», e que a foto sexa incompleta, porque daba para unha boa análise pericial.
Pese á mala idea de molestar a iniciativa do alcalde da cidade, Abel Caballero, aos poucos días da súa revalidación por maioría aplastante polo pobo de Vigo, a ofensa esténdese aos nosos petos que somos quen pagamos a limpeza destas trastadas.
En calquera caso, enmendar a desfeita é necesario, pero non se descarte que se trate dun caso illado. A/o artista xa contou co seu momento de gloria, «iso mola», pero imaxino que esta entrega é só o comezo; ao loro.
RSS