Perder a cabeza

Estes día atrás estiven preparando un artigo para unha prestixiosa revista de hispanistas polaca, sobre o medo. Non vou adiantar o contido porque sería romper a confidencialidade antes de que se publique.
Estaba tan inmersa en divagacións literarias e teóricas que en momentos sentínme atenazada de non saber por onde tirar ou como resolver o asunto.
Na inminente necesidade de poñer os pés na terra, chamei a unha amiga coa que mantiña unha relación, libre de disquisicións filosóficas, polo tanto, de trastornos intelectuais, que me aseguraba unha resposta espontánea, e pregunteille que era, para ela, o medo.
Divagou, sorprendida, como a quen pillan fóra de contexto, así que formuleille correctamente a pregunta: a que lle tes medo?.lect.bis.
Aspiraba a unha resposta de sentido común; contaba cun motivo físico, como obxecto do medo; unha agresión, algo tan feminino; ou a algo fantasmagórico, ou abstracto: a soidade, a escuridade, que sei eu.
Pero non foi así: “Teño medo a perder a cabeza”, respondeu.
Repregueime aos meus escritos e repasei as últimas notas e referencias bibliográficas. Levaba días lendo contos de terror, que non me impedían apagar a luz con tranquilidade; nin me obrigaban a mirar tras as portas; nin a volverme coa sensación que alguén me seguía.
A pesar diso experimentaba un cansazo horroroso, deitábame ás tantas esgotada como se me desen unha malleira.
A resposta simple teño medo a perder a cabeza, dábame voltas e planeaba sobre os contos que máis me aterrorizaban, indudablemente, con motivo. En todos, a (ou el) protagonista víase desbordado por unha presión síquica que non podía dominar; con distintos desenlaces, que pasaban pola desvinculación entre a emoción e o xuízo racional.
Aí radicaba realmente o terrorífico, pensei, e tamén considerei necesario volver a reconstruír o artigo, pero xa era tarde.
Seica hai casualidades na vida. Nun parque da miña ciudade, hai unha fermosa escultura do escultor Nogueira. Toda a miña vida pasando diante dela pero non a fotografara ata había uns meses. A escultura, que podería representar un instante de intimidade entre dúas amigas que intercambian confidencias e libros, sufrira unha sabotaxe. Tiven que buscar a foto para poder recordala como realmente fora, porque hai unhas tardes as mozas confidentes apareceron decapitadas. Para a miña delicia, neste caso, un áxil servizo municipal reparounas e as cabezas volveron a estar sobre os ombreiros, pero non sempre sucede o mesmo.

Servicios ofrecidos por el Gabinete Caligráfico MBC: – Pericias caligráficas de textos y firmas – Análisis documental – Lingüística Forense – Pericias caligráficas desde todos los soportes escritos; muros y paredes – Datación y análisis de tintas – Dictámenes por escrito y ratificación forense – gabinetecaligrafico@gmail.com / tfno.: 669 060 265 /

RSS
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad