Manuscritos de Goytisolo

«Juan Goytisolo deposita dous manuscritos inéditos na Caixa das Letras»

A eterna pregunta, sobre todo desde que Finlandia proxentou a progresiva desaparición da escrita manual nas aulas. Que valor se lle vai dar á escrita de lápiz e papel? Valor de reliquia?
De momento apreciamos que, a medida que se informatiza o noso mundo e nos distanciamos da escrita manual, esta vai cobrando valor.
Juan Goytisolo, El Mundo
Sucede con todo o manual, a artesanía trascende o uso cotiá para se converter en manifestación artística.
Imprevisible o que sucederá coa escrita, pero do que non queda a menor dúbida é que aínda ningún procedemento electrónico é quen de captar todos os parámetros que caracterizan a nosa escrita manual. Moito menos o noso estado emocional á hora de escribir.
Cando o 5 de xaneiro de 2031 se abra a Caixa das Letras do Instituto Cervantes que garda os manuscritos de Goytisolo, non soamente poderemos degustar “un poemario devocionario con dúas citas de san Juan de la Cruz e un manuscrito completo que mestura memoria, autofición e unha especie de inventario”) leremos a idade e a paixón de Goytisolo no momento de escribilo; o goce e a paixón que o autor plasmou nel. Reviviremos en corpo e “alma” ao poeta que prolongará a súa presencia entre nós.

Esperemos estar presentes para contalo.

RSS
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad