De cando a caligrafía devalou en poema

De cando os obxectos deron en chamarse poemas

Falando de caligrafía, non podo por máis que festexar a nova páxina dun dos poucos artistas integrais que coñecín nesta vida (do Renacemento para acó) ao escritor, escultor, instalador (artístico, non sei se tamén técnico) Pepe Cáccamo.


Cantas veces, obnubilada polas ópticas do microscopio con que analizo os documentos, imaxino que as letras se liberan do ductus, deixando un ronsel de fíos do papel para emprenden unha vida de seu, fóra do meu Gabinete.

Imaxino nas caligrafías e obxectos poematizados de Pepe Cáccamo, as novas singraduras das miñas pezas de estudo.

Benvida a súa páxina chea de enxeños, divertida, fermosa, pensante. 

Por veces sinto o guiño do pintor Urbano Lugrís, con estes poemas (invento un nome para esta técnica?) ultrafísicos; porque levan forma, contido, historia, reminiscencias vitais do artista e de toda unha xeración, ou dúas, ou tres

Deixemos a crítica academicista para plumas máis autorizadas. 

Non sabería cal escoller nesa amalgama de humor, coidado e ritmo.

Parabéns deste Gabinete amigo.

RSS
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad