Non se pensen que a profesión de Perit@ Calígraf@ é un invento dos últimos tempos. En realidade hai referencias aos «revisadores» de letras xa na literatura barroca ou moito antes.
|
Faro de Vigo, 11-9-1913 |
Se ben en España é certo que nos últimos tempos polapularizouse a raíz do caso dun tesoureiro indecente, chama a atención que moitas veces esta profesión segue a ser unha incógnita.
Repasaba unha enquisa dunha colega arxentina (Inés Rosa Baldatti, «Calígrafo público. Unha profesión poco conocida») na que preguntanba a un grupo de avogad@s, e a outro grupo de de xente lega na materia, acerca das funcións dunha/dun perit@. O resultado é sorprendente, pese a que tod@s @s avogad@s coñecían a profesión de Calígraf@ públic@, o certo é que unha media do 40% descoñecía certas funcións desta profesión como a identificación de impresoras ou faxes, a distinción entre tintas ou mesmo a autoría dun escrito. E unha alta porcentaxe de avogad@s (31%) confunde, segundo a enquisa, a pericia caligráfica coa grafoloxía. No caso do público en xeral, esta confusión ascende ata un 43 %.
Na miña experiencia particular, non sería a primeira ocasión en que un cliente houbo de convencer ao seu avogado para practicar unha pericia ante un caso claro de suplantación de identidade pola falsificación da súa firma.
Tamén algúns xuíces móstranse reticentes ante esta proba, seguramente por descoñecemento do seu auténtico potencial.
Estes datos confirman as hipótesis de Baldatti e as miñas propias cara a esta profesión, por veces vencellada ao esoterismo ou a disciplinas anticientíficas. No caso da pericia resulta case imposible esta interferencia pois os datos que manexa un informe pericial son técnicos e mensurables; diríase obxectivos.
Quizais se prestaría máis á distorsión esotérica a grafoloxía, polo elemento subxectivo que enmarca calquera valoración psicolóxica. Pero en que profesión non hai intrusismo.
A realidade é que os peritos que actuaban hai uns anos polos xulgados eran mestras ou mestres de escola. A eles se lles valoraba un enorme coñecemento práctico sobre caligrafía, polo que non é de extrañar que se lles chamara para dicictaminar sobre a falsidade dunha firma ou a autoría dun escrito.
Deste recorte extraído do Faro de Vigo na sección de «Hace 100 años» resúltame entrañable a condición «para ocupar la plaza (de profesor) precisa ser excelente calígrafo y tener intachable conducta». Creo, a marxe do engolado do anuncio, que estas características deben ser imprescidibles na profesión.
Servicios ofrecidos por el Gabinete Caligráfico MBC: – Pericias caligráficas de textos y firmas – Análisis documental – Lingüística Forense – Pericias caligráficas desde todos los soportes escritos; muros y paredes – Datación y análisis de tintas – Dictámenes por escrito en gallego y castellano /gabinetecaligrafico@gmail.com / tfno.: 669 060 265 /
RSS