Graffiti «estail»; novas tendencias

Dun tempo a esta parta aprezo a aparición de novas modalidades de graffitis polas rúas da cidade. Nos arredores, en lugares pouco transitados, apartados, mesmo en fermosos muros fronte a praia, aposéntanse as inscricións máis elaboradas, con máis empaque: as tremendas pezas que son a macrofirma d@ graffiter@; como para ser divisado desde o mar, ou desde o outro arcén da autopista. 

Ou tamén observamos o comic-graffiti, polo xeral figurativo, de maior calidade técnico-estética.
Os exemplares rescatados nas últimas semanas transmiten certa preocupación polos seus contidos de incitación á violencia.

Pola contra, reservamos este expoñente optimista para pechar o post.  Estaremos ante un regreso aos graffitis non lesivos e aptos medioambientalmente? 
Semella un enfoque novo canto as posibilidades non narcisistas e si máis comunicativas do producto, aportando un perfil ideolóxico e de denuncia social concreto e específico. 

Anque non podemos catalogalo de algo novo, celebramos a súa chegada ás nosas cidades. Haberá que seguirlles a pista.


(Á cadeliña, gustoulle, polo que se ve)


Servizos ofrecidos polo Gabinete Caligráfico MBC: – Pericias caligráficas de textos e firmas – Análise documental – Lingüística Forense – Pericias caligráficas desde todos os soportes escritos; muros e paredes – Datación e análises de tintas – Dictames por escrito. Ratificación en xuízo. Colaboración con el Laboratorio Documental LEYAS, mbar@leyas.es 

gabinetecaligrafico@gmail.com / tfno.: 669 060 265 /
RSS
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad