Graffitis na era dixital

A meirande parte dos graffitis non teñen un significado concreto, son meras firmas, tags, ou pezas con relevo que renden culto @o autor@ ou a un grupo indefinido de persoas.

Estes grupos, parellas ou individualidades de graffiteir@s, salvo os profesionais por encargo, entre os que hai magníficos artistas, teñen un algo  animal. Observando o campo de actuación e os escenarios onde se moven, nos grupos obsérvase certa xerarquía marcada pol@s integrantes máis experimentados fronte @s novat@s. Móvense polos barrios buscando espazos onde pastar e deixar a súa marca nas paredes cun chorro de aerosol.

Algunhas obras lévalles tempo, polo que trasladan o campamento con viandas ao espazo escollido para volver ao día seguinte, ao sábado seguinte, para rematar a obra.
Na época dixital de LCDs e plasmas, a xuventude rebélase con sprais, rotuladores grosos ou rabuñando con chaves os vidros, pero isto vén de antigo.
As pintadas virtuais esfúmanse entre a morea de escritores das redes sociais, porque nin sequera somos propietari@s do propio muro do FB.
As veces obsérvanse, onomatopeias e interxeccións, bocadillos que nos desprazan ao mundo da tira deseñada.
Como nos tempos da escrita xeroglífica do antigo exipto, se case ninguén entende os graffitis, para que se debuxan?.
Non costa imaxinalo nestes momentos, que griten as paredes a rabia e a impotencia.  ler completo

 Servicios ofrecidos por el Gabinete Caligráfico MBC: – Pericias caligráficas de textos y firmas – Análisis documental – Lingüística Forense – Pericias caligráficas desde todos los soportes escritos; muros y paredes – Datación y análisis de tintas – Dictámenes por escrito en gallego y castellano Colaboración con el Laboratorio Documental LEYAS, mbar@leyas.es gabinetecaligrafico@gmail.com / tfno.: 669 060 265 /

RSS