De ideas e gráficos

Estes días asisto curiosa a unha serie de coincidencias. Comecei a ler en inglés Animal Farm, lectura supervisada pola amiga e paciente mestra Yashmina Shawki. A pesar da destreza perdida coa lingua (lérao xa había 25 anos, cun nivel de inglés seguramente dez veces superior) as imaxes de Rebelión na granxa, retidas na memoria, e sobre todo no faiado ideolóxico onde se gardan as ideas que nunca se deben esquecer, fan que a apriori dificultosa lectura do texto de Orwell se convirta nun desafío apetecible. Porque nos tempos de desasosego político deberían prescribirse libros como como Rebelión ou Rebélate, ou Indignádevos!, a modo de sintrón que nos impida a formación de coágulos ideolóxicos. Tanto Orwell como Hessen manifestaron nos seus ensaios e literatura, o odio voraz ás dictadutas; en calquera forma ou extremo político.
Agradecín un tuit de Ramón Nicolás que me inclinou á actualización de datos sobre Orwell, o seu pasado trotskista e a súa colaboración co exército antifranquista, concretamente no Batallón despregado na fronte de Aragón. Pero no meu espazo de grafoanálise, sinto non ter opción para determe nese aspecto e desviarei a atención cara a outros tópicos formais do seu deseño gráfico. 
Nun interesante blog sobre Orwell (georgeorwellnovels.com) foron seleccionados un importante número de escritos e dibuxos que chaman a atención. As coincidencias leváronme onte de paseo por un lugar onde descubrín uns graffitis entre os que non poido deixar de aprezar coincidencias.
Enriba, á dereita, un debuxo de cando Orwell tiña 9 anos. A carón, un graffiti vigués de 2013. A seguinte mostra é un borrador dun irónico logo do Gabinete. Que nos pasa, trátase dunha regresión coincidente ou un regreso ás abstraccións da pintura rupestre?

continuará…

Servicios ofrecidos por el Gabinete Caligráfico MBC: – Pericias caligráficas de textos y firmas – Análisis documental – Lingüística Forense – Pericias caligráficas desde todos los soportes escritos; muros y paredes – Datación y análisis de tintas – Dictámenes por escrito en gallego y castellano Colaboración con el Laboratorio Documental LEYAS, mbar@leyas.es gabinetecaligrafico@gmail.com / tfno.: 669 060 265 /
RSS
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad