De ciencia ficción: «Lápiz» 3D

El sueño de cualquier infante o artista: convertir un escrito o un dibujo en una pieza en tres dimensiones. Lo que hasta ahora podría considerarse un delirio inalcanzable, ahora es un hecho posible.

O soño de calquera persoa miúda ou artista: converter un escrito ou un debuxo nunha peza en tres dimensións. O que ata agora podería considerarse un delirio inalcanzable, agora é un feito. Unha firma norteamericana (desculpen que omita a marca, pero esta información xa é publicidade gratuíta) vén de crear un instrumento de escritura, chamémoslle lápiz, en 3D capaz de pór de relevo a escrita. 
A capacidade deste invento revoluciona o mundo das artes enfeblecendo as fronteiras, por exemplo, entre o debuxo e a escultura. Claro que xa contamos cun impresionante antecedente, coa obra de Miquel Barceló para demostrar como un fresco ou un lenzo pode achegarse ata nós dun xeito sublime.
No eido que nos ocupa, a escritura, xa temos constancia nos relevos das escritas petroglíficas, pero algo moi distinto pode resultar o avance de hampas e jambas fóra de sí, o que revolucionaría a estrutura da caixa caligráfica presta a adoptar tamén esa terceira dimensión. 
Revolucionará os sistemas de falsificación e nos apartará a mirada estereoscópica do propio microscopio? O tempo o dirá…

RSS
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad