Congreso forense

Desde Colombia, a Asociación de Forenses, ASO, coordina este magnífico ciclo de Conferencias forenses. Más espacio para el conocimiento. Enlace ASO

Taller online de Grafitis

Criminóloga y calígrafa del TSXG, Viernes 17 de xullo, ás 20:00.

Actualidade, congresos

https://www.colcrim.cl/eventos/
Neste mes de xullo, do día 12 ao 31, estase a celebrar o II Seminario internacional de Documentoloxía e Pericia Caligráfica, organizado polo Colegio de Criminalistas de Chile, no que se dan cita dezasete expert@s pertencentes a once países de Iberoamérica e Australia.

Especialistas en ciencias forenses aplicadas ao estudio de documentos e grafística que desarrollan os últimos avances dos seus laboratorios e gabinetes de investigación.

Ponentes e ponencias COLCRIM

Criminoloxía, unha proposta online

Conferencias forenses

Nada pode ser máis interesante que ampliar horizontes con propostas formativas como as deseñadas por Federico Baudino, desde a plataforma online da Universidade Hartmann, de México. Aproveitamos esta oportunidade única, para escoitar a grandes profesionais que abordan desde a teoría e a casuística, temas candentes en diversos ámbitos da Criminoloxía e a criminalística. A variada temática ten en común o rigor científico e a amenidade, conseguindo poñernos al día dos últimos avances das ciencias forenses. 

Benvido este ciclo, e o seguinte, de sumo interese para estudantes e profesionais en calquera fase de formación.

Sería a concentración pero cando escoitaba á Xeóloga Leticia Povilauskas, falando da Palinoloxía forense, recibín unha visita do medio natural, que se negaba a abandonar o meu escritorio.

Unha media de 1600 seguidorxs seguen as coferencias desde Europa e latinoamérica; esperaremos o seguinte ciclo do mes de maio sobre Peritxs de parte, verdadero regalazo para este confinamento. Aquí deixo o enlace:

UNID@S Y CONECTAD@S  #YOMEFORMOENCASA


Grafitis para tempos de mutismo

Graffitis, para tempos de mutismo

O illamento enmudeceu a produción de graffitis na contorna, as paredes falaban e a rabia deixábase escapar onde máis dano podía facer, monumentos, trens. Non encontro outro paralelismo nestes tempos de confinamento polo COVID-19, de inmersión virtual, que as sabotaxes a páxinas web, ou as mensaxes falsas, as fake news con que se se prodiga a ignorancia e a mala idea. 
A crise que arrasa e enferma a sociedade e a economía chega a este microcosmos dos hip hop do spray. A miseria chega á cualidade dós útiles de escrita. Da ampla modalidade de sprays e boquillas, ás puntas desgastadas dos rotuladores. Hai uns días na xamba da porta dun comercio, apareceu escrita a lenda: «Kevin sale a pillar». Aí queda a cousa. De risa. Coñecín a grafiteir@s enxenios@s, artísticas. Moitas das súas obras decoran as paredes das cidades revitalizando as traseiras de edificios, outrora suxos ou deteriorados.
Pero a vertente artística premeditada e retribuída, nada ten que ver co tag, sinatura d@ graffiteir@, nese acto de autoafirmación, sen máis, co que chaman a atención. esa sería a realización máis elemental.
Para crear, ata os graffitis máis antiestéticos e vandálicos, precísase enerxía. Díganmo a min, que non perdín a ocasión de aprender e coñecer a técnica (non se me deu moi ben, para mostra un botón, pero foi útil) para identificar, tamén co sprai, a impronta do autor.Sería unha bonita homenaxe nestes tempos de mutismo, roto polos aplausos das 8 da tarde, ás vítimas do COVID; nun lugar ben alto, ollando a Ría. 

E ponte a mascariña, xa!

 

Botar / ou Votar

Poblicado o 20 Setembro 2019

Bilabial o labiodental, qué diatriba, o menudo rebote, en lenguaje popular, puede que la RAE lo haya hecho suyo; no será solamente una cuestión filológica, en tal caso semántica, no sabría dónde encajar el conflicto. Y como diría el poeta, “hallé la respuesta viendo…” (habrá muchos que lo piensen, lo del contenedor ;-)), yo no, pero sería comprensible…

Aniversario del birome (el «boli»)

El 29 de septiembre, se cumplieron 117 años de la invención de esa maravilla, el bolígrafo, que evitó el uso de los papeles secantes en los cuadernos del colegio.

Su creador, Ladislao Biro, un periodista argentino, de origen húngaro, Ladislo Biroy su hermano, György, químico, supieron dar el paso del trazo sangrante de la lapicera fuente a un instrumento de escritura, con un depósito rellenable, con una esfera en la punta que regularía el paso de la tinta de manera más limpia y práctica. “La tinta no se secaría en el tanque pero sí en el papel”. Patentaron su prototipo en 1938.

Nuestro popular boli, “fue registrado con la marca Bolígrafo en 1946 por el industrial catalán Amadeo Arboles, en 1946.”1

Los BICS no fueron sino una adaptación de aquel invento, modificado por una casa francesa especializada en productos desechables.

A pesar de las mejoras no dejó de ser un milagro de diseño, para un uso polifacético.

Yo fui una de esas adictas al bolígrafo, primero de punta gruesa, azul, negro, verde y rojo (para subrayar) con los que hacíamos los deberes.boli-meu

Los agujeritos de la carcasa regularían la presión interna para evitar la condensación y las fugas de tinta.

Quién no la usó de cerbatana, llenándola de proyectiles, en forma de granos de arroz, como tirachinas.

Y mucho tendrán que contar l@s expertos en “chuletas”.

Lo dicho, larga vida al birome, la esferográfica, el biro, como le llaman en Argentina; en definitiva, al bolígrafo.

1 Ezcura, Magdalena y Grávalos, Goyo (2010): Instrumentos de escritura manual y sus tintas, Buenos Aires. Ediciones La Rocca.

Perder a cabeza

Estes día atrás estiven preparando un artigo, para unha prestixiosa revista de hispanistas polaca, sobre o medo. Non vou adiantar o contido porque sería romper a confidencialidade antes de que se publique.

Estaba tan inmersa en divagacións literarias e teóricas que en momentos sentínme atenazada de non saber por onde tirar ou como resolver o asunto.

Na inminente necesidade de poñer os pés na terra, chamei a unha amiga coa que mantiña unha relación, sen antecedentes en disquisicións filosóficas, que me aseguraba unha resposta espontánea, e sen trastornos intelectuais, e pregunteille “que era para ela o medo”.

Divagou, sorprendida, como a quen a pillan fóra de contexto, así que formuleilla correctamente: a que lle tes medo?.lect.bis.

Aspiraba a unha resposta de sentido común; contaba cun motivo físico, como obxecto do medo; unha agresión, algo tan feminino; ou a algo fantasmagórico, ou abstracto: a soidade, a escuridade, que sei eu.

Pero non foi así: “Teño medo a perder a cabeza”, respondeu.

Replegueime aos meus escritos e repasei as últimas notas e referencias bibliográficas. Levaba días lendo contos de terror, que non me impedían apagar a luz con tranquilidade; nin me obrigaban a mirar tras as portas; nin a volverme coa sensación que alguén me seguía.

A pesar diso experimentaba un cansazo horroroso, deitábame ás tantas esgotada como se me desen unha malleira.

A resposta simple: teño medo a perder a cabeza, dábame voltas e planeaba sobre os contos que máis me aterrorizaban, indudablemente, con motivo. En todos, a protagonista (ou el) víase desbordado por unha presión síquica que non podía dominar; con distintos desenlaces, que pasaban pola desvinculación entre a emoción e o xuízo racional.

Aí radicaba realmente o terrorífico, pensei, e tamén considerei necesario volver a reconstruír o artigo, pero xa era tarde.


Seica hai casualidades na vida. Nun parque da miña ciudade, hai unha fermosa escultura do escultor Nogueira. Toda a miña vida pasando diante dela pero non a fotografara ata había uns meses. A escultura, que podería representar un instante de intimidade entre dúas amigas que intercambian confidencias e libros, sufrira unha sabotaxe. Tiven que buscar a foto para poder recordala como realmente fora, porque hai unhas tardes as mozas confidentes apareceron decapitadas. Neste caso, un áxil servizo municipal reparounas e as cabezas volveron a estar sobre os hombreiros, pero non sempre sucede o mesmo.

Del cañonazo a la autoayuda: notas sobre violencia de género

Ese día, 25 de noviembre, el ayuntamiento de Vigo había convocado a centros de enseñanza, públicos y privados a celebrar un acto lúdico-reivindicativo con motivo del Día internacional contra la violencia de género (VdG).
Este tablero de libre expresión fue colocado una calle céntrica, para que las y los jóvenes pudieran plasmar su opinión acerca de la violencia de género, sin cortapisas.
La foto del tablón fue tirada a media mañana, por lo que ignoro qué hubiera dado de sí esta tribuna, pero los contenidos no son nada alentadores, ni originales y salvo algún caso, tampoco provocadores; aunque sí ilustrativos, por ejemplo, de la diferente valoración que tienen las chicas y los chicos acerca de la VdG.
Unos simples datos que suscitarían posteriores reflexiones, más pormenorizadas.
Gracias a estas notas, comprobaremos que los chicos salvaguardan la masculinidad de cualquier asomo de machismo. Hablan de los hombres como de los malos de la película; ven los toros desde la barrera.
El violento, los violentos, son seres excepcionales; son malos, la valoración moral prima sobre la idea de justicia.
(un)Hombre que maltrata a una mujer es un cobarde (n.6)
El instinto de posesión tampoco es considerado violencia en los chicos.
Un hombre no maltrata a su mujer. (n.8)
Acusan la superioridad genérica de los hombres sobre las mujeres y sustentan el tópico del respeto sobre el concepto justicia.
Las mujeres también son personas, hay que respetarlas y amarlas (n.12)
Las mujeres sienten el victimismo colectivamente, no son excepcionales y lanzan expresiones exhortativas a sus congéneres (fíjense en el uso de la segunda persona) como estímulo y/o autoayuda.
Yo soy mía (n.1).
Denuncia, basta de humillaciones (n.4)
Vales más de lo que crees (n.14)
Los chicos desvelan una considerable simplicidad léxica, reduciendo el campo semántico del término VdG al sujeto maltratador y al verbo maltratar, algo que indica más que la pobreza de expresión, una deficiente asimilación del asunto que nos ocupa.
¿O será, en el fondo, desinterés, lo que los lleva a repetir sin tino conceptos aprendidos que no repercuten en las mentes propias ni ajenas?
Entre las notas, en grandes tipos (otro aspecto a considerar desde el punto de vista grafológico) dos mensajes que proceden de manos y cerebros más desarrollados: un cañonazo scum
Una recortada por favor (n.10)
Si te levantan la mano, córtasela (n.11)
Resalto, por fin esta nota, a medio camino entre desiderata y consejo de amiga
Eres dueña de tu propio cuerpo
Tú decides cuándo y con quién
Eres libre de vestirte como quieras
tus amigos los eliges tú
No tienen derecho a pegarte (n.13)

Indicios ou evidencias? (I)

Indicios ou evidencias é nomenclatura común en calquera investigación. Toda persoa especialista (peritus) aspira a ser a peza clave dunha investigación que conduza a aclarar un caso civil, social ou penal.
Somosperseguidoras/es da verdade. Non hai cousa que máis incomode @s profesionais da pericia que non poder chegar a deduccións, ou mellor, a conclusións nidias e evidentes sobre un asunto calquera. Pero hai un importante número de ocasións en que a argumentación absoluta resulta imposible.
Non por iso debe desdeñarse a pericia ou a/ao profesional, e ser consciente de que un dictame é un medio de proba, por ende un camiño, non unha meta inexpugnable.
Fronte ao “perito estrela” nós non gañamos xuízos, colaboramos coa xustiza.
Por outro lado, é de común crenza que a ciencia aporta valores infalibles. Cantas veces neste traballo temos que enfrontarnos a miudezas que poden ser senón definitivas ailladamente, si determinantes en conxunto. Por exemplo, a prioridade dun trazo sobre outro, nunha rúbrica; algo non sempre discernible pero cando se consegue, pode ser un tesouro.
É cando unha confía no día que se poida acceder a unha proba química que dilucide as décimas de segundo que tarda un trazo de pluma fonte, ou de tinta xel en pasar por riba do outro.
As probas, indicios ou evidencias, do inglés, evidences, veñen sendo o mesmo, pezas do puzzle, que non sempre encaixan, por moi cientificamente que se actúe. Así o comprobamos coas testemuñas d@s perit@s do Caso Asunta, mentres o xurado popular se retira a deliberar.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad