Despois do éxito da primeira entrega, o GC.mbc renóvase cunha nova edición do test de Tragadeiras democráticas*
As cousas apenas cambiaron desde aquela porque o SUXEITO recoñeceu o escrito do seu puño e letra, e mudou o seu noble apartamento pola non menos nobre cela de Soto del Real.
Pero non convén esquecer de onde partiu todo.
Daquela, como agora, pasado o tempo, o obxectivo do test aspira a coñecer o estado da deglución no Electorado; ese tipo de enquisas non as fai nin Sigma nin Demoscopia.
Colaboren, non descoiden o aparato dixestivo.
Xa me contarán da fiabilidade do meu método demoscópico.
Daquela, como agora, pasado o tempo, o obxectivo do test aspira a coñecer o estado da deglución no Electorado; ese tipo de enquisas non as fai nin Sigma nin Demoscopia.
Colaboren, non descoiden o aparato dixestivo.
Xa me contarán da fiabilidade do meu método demoscópico.
A) Quedaría como estou. Comparado cos 44 kilos do autor da contabilidade de Suíza… SI/NON
B) Aceptaría algún carguiño e poríame á cola, e deixaría o caciño, a ver se me cae algo.
SI/NON
C) Consolaría ao Presidente por ser o peor pagado: 2.100.000, non dá nin pa gasofa.
SI/NON
D) Pediría ao Paco A.C. que devolvera as pezas cazadas con Fraga mentres se afundía o Prestige, e de paso os 3.300.000 del ala.
SI/NON
E) Preguntaríalle a Rato, como estivo tan «rato» e non meteu eses aforriños en Bankia.
SI/NON
F) Sacaría a Alí Babá da cova e metería a todos eles cuns bidóns de lexivia para papel moeda.
SI/NON
G) Fundaría unha seta EREmita na Cartuja, para recuperar a alfarería tradicional.
SI/NON
H) Mandaríaos a Siberia. Ou non, que aghora van para alá @s defraudadores e viven felices e comen dos renos que caza Putin.
SI/NON
Cada resposta positiva 10%
- 100%: estás imposible, mellor nin votes, porque nin te gusta nin o consideras necesario
- 80% a 40%: votarías polo dentista de Raphael, por aquilo de votar con XEITO.
- 41% a 21%: vas collendo o timón da túa vida, pero fáltache o GPS
- 20% a 11%: tragadeiras relativas, pero con acidez; iso si, dadas as circunstancias habería que ir deixando o Omeprazol.
- 10% a 1%: tragas pouco e con dificultade, pero estás no camiño
- 0%: Nin con sonda nasogástrica, non tragas e non tragas
PARA IMPACIENTES, Preguntas comodín, DE PORCENTAXE AUTOMÁTICA:
I) Menuda chorrada!: 0 %
I.I) Menuda chorrada! E nin de coña independencia para Cataluña, viva el Alcorcón, el Barça, á Segunda. (Resposta en deferencia ao xefe, en vésperas da extraordinaria)
J) Todo o anterior, como mínimo!: 100%
VOG SSPXP*: texto en versión orixinal galega, sen subtítulos, para xente plurilíngüe
RSS