Marchas Dorotea, Agasallo de sombras, agnus dei; actriz daqueles tempos en que o teatro era rito, tanto fóra como dentro da escena. A actriz de furgoneta, descargas e trafegos dos trebellos: focos, xelatinas e cestos para o vestiario, e cámaras negras de fondo. Todo feito na casa.
Tod@s a unha; e persegue ao Concelleiro, que non embebede que hoxe non cobran @s cómic@s.
Ficheches o imposible, agarrarte a grupa do cabalo e non conseguir soltarte por fortes que soprasen os ventos da antiga farsa.
Teatreira, proletaria de escena, impoñente e tenra; pouco tratei contigo, mais recordo verte gozar nos camerinos, máis dunha vez, despois da función; todo o corpo ebulindo, a maquinaria criativa inda estaba en movemento.
Vaste Dorotea:
recalcitrante teatreira, sen remedo.
RSS