Foise co vento, para M.Villota

María Villota
Foto procedente do Newsletter de grafologíauniversitaria.com

Se non fose porque a estas alturas case todo o mundo coñece o triste final de María Villota, ousaría especular sobre o ritmo frenético e inestable da súa caligrafía. Dos seus espazos para coller aire e ao mesmo tempo brindar o xusto oco ás persoas que a precisaban, familiar e profesionalmente falando.

Falaría das súas angustiosas «chimeneas» que ocultaban o seu perpetuo sorriso, o seu optimismo reclacitrante que non permitiu que seguise atada ao chasis do seu bólido, a súa segunda pel.

Este post-lembranza vai para ti.

Se non fose porque nunca estiven sequera preto de ti, nin sequera me teño por devota da Fórmula 1,  diría que o teu afán pola «pole», non viña marcado polo desexo de poder, ambición malsán, senón por un imperativo xenético. Deixando os puntos e o corpo atrás, te viches envolta nunha voráxine da que non poideches liberarte, obrigándote a abandonar tantas cousas no camiño; en realidade, a toda ti.

Tamén diría que no teu proxecto vital xiraba en torno a vivir o día a día porque coñecías, máis ben intuías, o golpe de macheta final. Prolongaches o teu quefacer durante algo máis dun ano; todo un modelo de xenerosidade.

A túa vida física escapou, o teu «eu etéreo» MMMaría , deixa unha ardora no circuíto no que soñaches competir. A vida non foi un agasallo para ti. Morrer aos 33… amolaríame que alguén especulara con esa fatídica idade. Non barallo eses tópicos, María. Gústame verte como un exemplo vital, unha referencia inda por asimilar nas novas xeracións de rapazas que neste momento elaboran os seus soños.

Creo que xa especulei abondo.

Benvida ao cadro de honor  da historia das mulleres pioneiras. Grazas, voadora princesa de Éboli!.

Mónica Bar. Perita Calígrafa

Opinión: Os «apócrifos» papeis de Bárcenas

No hai nada máis vintage que o libro de Bárcenas. Non hai nada máis desexado para unha perita calígrafa neste momento, que as follas soltas resaltadas en amarelo do saboroso manuscrito do extesoreiro do PP.
Mais a pesar da excitación que poida producir tal caligráfico festín incluso me atrevería a dicir que cos ténues indicios achegados podería a argumentar sobre a autenticidade ou a falsidade dese manuscrito; pero a prudencia e a ética profesional me OBRIGAN a gardar silencio. Silencio en canto aos contidos eo ao rigor científico que deben presidir un informe técnico desa natureza, moi lonxe do cacarexo que divulgan certos medios producindo vergoña allea.
En calquera caso e dado o rebumbio que está a armar o caso de marras, houben de contestar unha morea de preguntas e insinuacións nada habituais nun oficio tan discreto “a la par que” técnico, que esixían pórme a altura das circunstancias.
Entrei a saco sen remorsos contra os mercachifles para emular aquela interesante pasaxe en que Xesús a emprende a zoupadas contra os mercaderes do templo -raro nel, adalide da paz-. Pois ben, contra tanto trapalleir@ desta profesión contestarei que non, que non, que non podo tomarme en serio as análises grafolóxicas que describen ou frivolizan coa personalidade de ninguén. Que nada ten que ver a pericia caligráfica, ou as análises documentais cunha vertente grafolóxica de tinte esotérico, propia de embaucador@s e oportunistas. 
Contáronme que nun programa da cultísima Intereconomía presentouso un suposto “grafólogo” anunciando que Bárcenas tiña problemas de próstata; vaia cráneo privilexiado! Non hai máis que pensar na súa idade. Que diría ese bruxo se non soubese nada do autor do manuscrito? Aí quería eu velo!
A personalidade non “reside” na forma de ningún travesaño, en ningún gancho, en ningún óvalo pinchado, nin en ningún til en maza.
Se nos poñemos así, continúo coa fábula, porque ao D.Luis se lle escapan as filias e as fobias cos grafemas, así pois, averiguei que tanto apreza a “Paco A.C.”, que se iría de sidrinas con el. Que o ten medio enfilado ao “M. Rajoy” a pesar de rendirlle pleitesía; pola contra, aplastaría «á Cospedal» por activa e por pasiva. Por favor… non me vaian tomar en serio 😉
En fin falamos de autenticidade ou falsidade -sobre unha fotocopia?- pericia incómoda desde logo. Aínda máis coa transcendencia do caso, porque o realmente transcendental, caligráfica e ideoloxicamente, é se son certos os contidos. Que mira ti por onde, aplicado a ese falseamento, en lingüística forense, fálase de falsidade ideolóxica. Se Luis «o Cabrón», como o alcuman, é o chivo expiatorio, desde logo, está pondo ao PP do revés. 
Pensemos que se o mal xa está feito tamén son chegados os tempos de desenmascarar @s defraudadores e apartar a mancha maldita de Lady Macbeth.
Que este caso sirva e teña o alcance necesario para que as barbas de todos os partidos, sindicatos, FUNDACIÓNS viciños se poñan ao clarexo, pola hixiene democrática deste país.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad