Indicios ou evidencias? (I)

Indicios ou evidencias é nomenclatura común en calquera investigación. Toda persoa especialista (peritus) aspira a ser a peza clave dunha investigación que conduza a aclarar un caso civil, social ou penal.
Somosperseguidoras/es da verdade. Non hai cousa que máis incomode @s profesionais da pericia que non poder chegar a deduccións, ou mellor, a conclusións nidias e evidentes sobre un asunto calquera. Pero hai un importante número de ocasións en que a argumentación absoluta resulta imposible.
Non por iso debe desdeñarse a pericia ou a/ao profesional, e ser consciente de que un dictame é un medio de proba, por ende un camiño, non unha meta inexpugnable.
Fronte ao “perito estrela” nós non gañamos xuízos, colaboramos coa xustiza.
Por outro lado, é de común crenza que a ciencia aporta valores infalibles. Cantas veces neste traballo temos que enfrontarnos a miudezas que poden ser senón definitivas ailladamente, si determinantes en conxunto. Por exemplo, a prioridade dun trazo sobre outro, nunha rúbrica; algo non sempre discernible pero cando se consegue, pode ser un tesouro.
É cando unha confía no día que se poida acceder a unha proba química que dilucide as décimas de segundo que tarda un trazo de pluma fonte, ou de tinta xel en pasar por riba do outro.
As probas, indicios ou evidencias, do inglés, evidences, veñen sendo o mesmo, pezas do puzzle, que non sempre encaixan, por moi cientificamente que se actúe. Así o comprobamos coas testemuñas d@s perit@s do Caso Asunta, mentres o xurado popular se retira a deliberar.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad