Claves do éxito coas preferentes

Os últimos desenlaces positivos dos casos de preferentes invítanme a recordar que gran parte destes éxitos xudiciais, para as persoas atrapadas por estes produtos financeiros tan complexos, comezan pola análise concienzuda da documentación bancaria.

En non poucos casos, a/o clienta/o encóntrase con documentación descoñecida, que nin sequera pasou polas súas mans, nin deu consentimento para que fosen asinada. 

As présas por «encaixar» o producto o máis rapidamente posible, levou a certos empregad@s desaprensivos (abusando moi frecuentemente da confianza depositada nel@s) a asinar os documentos de consentimento, de modo fraudulento, suplantando a identidade d@ confiad@ aforrador/a.

Un dos documentos obxecto de falsificación máis frecuente, con que tiven ocasión de encontrarme son os chamados ironicamente «Tests de idoneidad«. Nestes tests valórase o perfil d@ inversor/a, o seus coñecementos financeiros, etc. 

Na firma destes documentos (aínda que nin sequera fose falsa) xa comeza a trama da estafa. A meirande parte d@s inversores -como a inmensa maioría da poboación- descoñecemos o que significa operar con este tipo de produtos. O que si teñen (temos) claro é que non fixeron un depósito para ser conservado á perpetuidade. Clientes das Caixas de aforros?; a quen se lle vai ocorrer cousa tal? Os estafadores engancharon a persoas xubiladas (ningún cliente meu baixaba dos 70) vendéndolles preferentes como quen os camela coas mantas das viaxes do Inserso. 

 
 
 
*Esta é unha copia do documento real cos datos do cliente ocultos

A meirande parte cobrou o seu soldo desde a Caixa de aforros. Outros non poden conter a indignación contándome como pagaron, durante décadas, as nóminas e aos provedores do pequeno negocio, precisamente desde esa sucursal na que todo o persoal eran case amig@s. 

Se cadra non foi analizado este factor emocional, o abuso de confianza. O engano d@s empregad@s ou xef@s da sucursal, moitas veces non é tal. Pode que en moitos casos nin sequera coñecían o produto; e sentíanse presionados polos superiores. Pero isto non os libera de culpa. Unha auténtica estafa!.

Por iso celebro os éxitos d@s letrad@s nestes espiñentos das participacións preferentes e subordinadas, un síntoma de que podemos e debemos confiar na xustiza.

Servicios ofrecidos por el Gabinete Caligráfico MBC: – Pericias caligráficas de textos y firmas – Análisis documental – Lingüística Forense – Pericias caligráficas desde todos los soportes escritos; muros y paredes – gabinetecaligrafico@gmail.com / tfno.: 669 060 265 /