Emilia Pardo Bazán, instrutora feminista

Publicación da súa conferencia no Congreso Pedagóxico Iberoamericano, de 1892, e outros escritos feministas de La Ilustración Artística, de Barcelona.

Marilar Aleixandre brindoume a oportunidade de achegarme a Emilia Pardo Bazán (se é que nalgún momento me separei dela) traducindo as palabras e ideas da «Vida Cotidiana», e do seu discurso de 1892, rotundo e profético; e tan actual que estremece; espero telo logrado, grazas polo teu enorme apoio.  Tamén cómpre aplaudir a  Marilar polo gran ensaio, Movendo os marcos do patriarcado (Galaxia,2021), que xunto con María López Sández, descobren para un público máis amplo, a unha Emilia feminista.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad