O COVID-19 viu está asolando as nosas vidas e estructuras sociais; nin a máis barroca das películas de ciencia ficción se imaxinaría unhas rúas ateigadas con xente en mascariña, desde os 6 aos cen anos.
O virus maldito nos acompañará en todas as facetas da nosa vida durante meses, anos, quen sabe. Agora as vítimas van menguando, pero hai pouco máis dun mes chegaron a falecer case 1000 persoas diarias. A xeración dos 80-90 foi desaparecendo tras as residencias da terceira idade. Esta pandemia vai deixando unha estela de dor, angustia e a incertidume que cambiará o noso modo de ser e vivir como o fixera a viruela, a gripe ou a tuberculose.

Pero aí fóra está o mundo natural, o canto dos paxaros, os animais aniñando e retomando o espazo arrebatado. As rúas silenciosas lémbrannos aqueles tempos en que se xogaba aos bolos nas rúas, á mariquitiña.
Os índices de contaminación baixaron un 80% nas grandes cidades. Algo estábamos facendo mal e un feroz virus viunolo recordar. Probablemente se entenda a mensaxe e nalgo cambie a sociedade; ogallá aprendamos que non hai que retirarse a un lado para que a vida transcorra.
Grazas, un aplauso frenético para as heroínas e os herois que nos coidan, nos abastecen, e nos ensinan. Grazas unha e mil veces.