Emilia Pardo Bazán e a pena capital. A pedra angular a debate

Publico o avance dun artigo que sairá proximamente en prensa en torno á pena de morte. Fálase un pouco de todo: antropoloxía criminal, Concepción Arenal, o garrote vil, o verdugo, o «Crimen de la calle Fuencarral».


Emilia Pardo Bazán e a pena capital. A pedra angular a debate
Un segundo, un pateo; menos aínda: a convulsión dun corpo atado ao fincarse nas vértebras un parafuso… Iso e nada máis é a morte.» (A pedra angular, 1891)
Introdución
Pardo Bazán publica en 1891A pedra angular1(en adiante, APA),unha das súas novelas máis controvertidas e avanzadas desde o punto de vista social e ideolóxico.
Centrada no debate sobre a pena de morte, APA somete a unha dura crítica a toda a maquinaria xudicial e penitenciaria da España da Restauración.
Non é de estrañar a súa desconfianza na recepción da novela, como lle transmite nunha misiva a Benito Pérez Galdós2,
Madrid, finales de 1891”
No sé lo que será esta novela sin amores y casi sin acontecimientos, o en que al menos los acontecimientos quedan en segundo término para dejar sitio a las ideas. (Parreño,2013:189)
Para centrar o asunto, desvelemos antes a trama en dúas pinceladas:
Na aldea de Erbeda aparece asasinado un carreteiro; inmediatamente recaen as sospeitas sobre a muller, sometida a constantes agresións por parte do home, e a un cómplice, e cuñado da vítima.
Sen probas concluíntes, e tras pasar todos os trámites burocráticos a muller e o seu suposto amante son condenados a morrer no garrote vil.
Así llo explica por carta ao seu bo amigo e mentor Giner de los Ríos:
…na miña intención, a novela é o verdugo… por ser quen é… Acaso a verdade non sexa verosímil, pero é ben verdade todo elo, salvo o final por suicidio… Jorge Meyer (Juan Rojo) morreu de morte natural.
Antes de seguir indagando na novela cómpre recoñecer o estado da cuestión en materia penal por aqueles tempos.
O debate sobre a pena capital alcanzou unha enorme repercusión na política española do último terzo do século XIX, incendiando o parlamento pos-revolucionario de 1869 (do que o propio José Pardo Bazán formaría parte, no bando dos liberais de Salustiano Olózaga), entre abolicionistas e partidarios do castigo.
Non se trata dun feito illado. Pardo Bazán aborda ás veces explicitamente o aspecto ritual da pena e outras enxértase nas tramas relacionada con outros contidos transversais como o indulto ou a mecánica procesual.
Dentro da primeira modalidade podemos encontrarnos con contos didácticos como «Pena de morte». Nesta secuencia, un señorito obriga a un servente a descargar uns tiros sobre unha ave que o molestaba:
Para que non te esquezas de que polo roubo vaise ao asasinato, polo asasinato ao garrote…, anda, aperta ese gatillo e pégalle unha perdigonada a lerianta. Sen medo!… Baleirei o segundo canón da escopeta…e caín redondo, pateando, cun ataque de nervios que din daba pena mirarme.
Cunha enorme habilidade técnica Pardo Bazán desenvolve esta controversia e as súas secuelas, ao longo da novela APA, formando parte de aceirados e desmitificadores debates, cargados de sentido do humor; aquí intervén Primo Cova:
¡Verán qué copla!
A miña avoa quere que abola
eu a pena capital.
¡Eu non son bolo, e non abolo
a garantía social!
(Pardo Bazán, 2003:132-133)
Pardo Bazán cuestiona a necesidade dunha pedra angular, no edificio social, como a pena de morte. Para a escritora a pena capital consérvase como un vil atavismoincompatiblecunha sociedade avanzada.
Se recapacitamos sobre a nosa historia máis recente, o feito de que a pena de morte quedara suprimida na Carta Magna de 1978, Continuará

1 Pardo Bazán, Emilia (2003): A pedra angular (trad. e introdución: Mónica Bar Cendón). Vigo, Edicións Xerais.

2 As citas textuais van en lingua orixinal, coa salvidade das escolmadas da novela, xa traducida.
RSS
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad